Antonio Fournerakis (ou Antonio Furnarakis), nado en Grecia en 1897 e finado na Coruña o 10 de xullo de 1937, foi un sindicalista anarquista.
Foi directivo da Asociación Continental Americana de Trabajadores fundada en Buenos Aires en 1929. Foi expulsado da Arxentina e recalou na Coruña en 1933. Reorganizou a FAI coruñesa e formou parte do Grupo Editor de Brazo y Cerebro que chegou a dirixir. Abandonou a FAI por discrepancias internas no ano 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, intentando reorganizar os grupos anarquistas. O 10 de xullo de 1937 foi descuberto no asalto á casa de Alicia Dorado nas Atochas onde estaba agochado e asasinado pola Garda Civil.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Grecia Lugar de fallecimiento: A Coruña Grecia, Arxentina, España