Francisco Lago Rodríguez, nado en Muros cara a 1902, foi un político galego.
Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Francia no bou Tiburón. Capturado cando intentaba entrar en España. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Posteriormente a pena foi conmutada por 6 anos e 1 día. A súa muller Elvira Tajes Santiago foi tamén inculpada na causa militar.