Junta de Incautación y Protección del Patrimonio Artístico (España). (1936 - 1939)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1936 - 1939
2.2 Historia/Descripción:
A Junta de Incautación y Protección del Patrimonio Artístico foi un organismo creado a comezos da Guerra Civil Española por decreto do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes de 23 de xullo de 1936 (Gaceta de Madrid de 25 de xullo), precisado e completado por decreto de 1 de agosto do mesmo ano (Gaceta de Madrid do 2 de agosto). A Junta tiña como obxectivo incautar e conservar en nome do Estado «todas las obras, muebles o inmuebles, de interes artístico, histórico o bibliográfico, que en razón de las anormales circunstancias presentes ofrezan, a su juicio, perlgo de ruina, perdida o deterioro».
O seu ámbito de actuación era nacional, aínda que dispuña de xuntas delegadas de ámbito local, e obedecía a estrutura xerárquica dependente nos primeiros momentos da Dirección Xeral de Belas Artes. Entre as súas actuacións máis destacadas atópase o traslado de obras do Museo del Prado durante a Guerra Civil desde Madrid. Disolveuse pouco antes de finalizar o conflito armado en marzo de 1939. Durante a guerra, no bando sublevado creouse o Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional (SDPAN).