Luís Rufilanchas Salcedo (Xixón, 17 de maio de 1910 - A Coruña, 11 de xullo de 1937) foi un avogado e político socialista español. Foi fusilado polos sublevados tras o inicio da guerra civil española.
Luís Rufilanchas era profesor na Universidade Central de Madrid, sendo profesor auxiliar de Dereito e adxunto á cátedra do tamén militante do PSOE Jiménez de Asúa. Avogado de moitos dos encartados no caso Turquesa de 1934, pediu a pena de prisión atenuada para os seus patrocinados.
Nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido deputado nas listas da Fronte Popular na circunscrición da provincia de Madrid. Como deputado foi adscrito á Comisión de Actas.
Luís Rufilanchas atopábase en Galicia no momento de producirse a sublevación que deu orixe á guerra civil española. Puido esconderse durante varios meses en diversas cidades galegas, tratando de fuxir á zona republicana. Con todo, tras un novo errado intento de fuga, foi apresado polos franquistas nas inmediacións da Coruña entre os meses de febreiro e marzo de 1937. Rufilanchas foi procesado polo delito de rebelión militar (causa 291/37 da Coruña, arquivada no Arquivo Militar do Ferrol) e condenado á morte. A súa execución tivo lugar o 11 de xullo de 1937 na Coruña.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Xixón (Asturias) Lugar de fallecimiento: A Coruña España. Residencia, sede: Madrid