A reforma da lei de Responsabilidades políticas de 1942 introduce un cambio nos órganos responsables de tramitar os expedientes. As funcións que anteriormente estaban asignadas aos Tribunais Rexionais de Responsabilidades Políticas a partir deste intre serán exercidas polas Audiencias provinciais; e as que se atribuían aos xulgados instrutores provinciais e aos xulgados civís especiais pasarán aos xulgados de instrución e primeira instancia ordinarios. Por último, unha vez que o decreto de 1945 suprime a xurisdición de responsabilidades políticas constituirase unha Comisión Liquidadora que procederá á extinción definitiva desta xurisdición especial.
Historia archivística
Os distintos organismos encargados da tramitación das responsabilidades políticas foron transferíndose uns a outros os distintos expedientes unha vez que eran relevados das súas funcións. O último organismo depositario desta documentación foi a Audiencia Provincial de Ourense, onde permaneceron ata maio de 1983, data na que é transferida a este Arquivo Histórico Provincial xunto coa documentación do Tribunal do Contencioso Administrativo.
Alcance e conteúdo
Contén: expediente de responsabilidades políticas incoado pola Audiencia xunto coa parte instruída polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción.
Manuel Fernández García, veciño de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).
José Manuel García Gómez, veciño de Arcos (Vilamartín de Valdeorras).
Isaac González López, veciño de San Miguel do Outeiro (Vilamartín de Valdeorras).
José Rodríguez Vidal, veciño de Vilamartín ( Vilamartín de Valdeorras).
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeita á norma vixente, Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reproducción prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia, así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade autónoma de Galicia. Igualmente a publicación dunha reproducción debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Só se limita a reproducción da documentación que se atopa en mal estado de conservación ou non poida ser obxecto de consulta segundo as súas normativas de acceso.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Expedientes penitenciarios