Expediente de responsabilidades políticas de Felisindo Movilla Otero, Ángel Martínez Merino, Manuel Fernández Borrajo, José Martínez Cid, Ángel Novoa Novoa, Luis López González, Leopoldo López Lois, Antonio Caride Freijido e Juan González Vázquez.
Ao tratarse Galicia dunha zona vinculada ao bando nacional desde época temperá os expedientes de responsabilidade son tramitados desde o ano 1937. Nesas datas aínda non existían os Xulgados instrutores Provinciais, que serán creados a partir de febreiro de 1939.
Unha vez creada a Comisión Provincial de Incautación de Bens de Ourense, está será a encargada de instruír os expedientes de responsabilidade civil. Para iso dita comisión nomea como xuíz de instrución a Juan Herrera Reyes, titular do Xulgado de Primeira Instancia de Celanova, achegándolle os expedientes instruídos ata ese momento polo Xulgado Militar Especial.
En 1939 créanse os distintos tribunais de responsabilidade política e a partir dese momento as comisións e demais autoridades que ata o de agora interviñan en materia de incautacións e responsabilidades civís envian toda a documentación ás novas autoridades que serán as encargadas de continuar coa súa tramitación.
Os expedientes de responsabilidade política que se tramiten a partir deste intre manterán o mesmo número que xa tiñan asignado como expediente de responsabilidade civil, formando a partir deste intre unha única serie documental.
Historia archivística
Os distintos organismos encargados da tramitación das responsabilidades políticas foron transferíndose uns a outros os distintos expedientes unha vez que eran relevados das súas funcións. O último organismo depositario desta documentación foi a Audiencia Provincial de Ourense, onde permaneceron ata maio de 1983, data na que é transferida a este Arquivo Histórico Provincial xunto coa documentación do Tribunal do Contencioso Administrativo.
Alcance e conteúdo
Contén: Expediente de responsabilidades políticas.
Felisindo Movilla Otero e Ángel Martínez Merino, veciños de Baños de Molgas.
Manuel Fernández Borrajo, veciño de Almoite (Baños de Molgas).
José Martínez Cid, veciño de Vide (Baños de Molgas).
Ángel Novoa Novoa, veciño de Lama Má (Baños de Molgas)
Luis López González e Leopoldo López Lois, veciños de Maside.
Antonio Caride Freijido e Juan González Vázquez, veciños de Armeses (Maside).
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeita á norma vixente, Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Só se limita a reprodución da documentación que se atopa en mal estado de conservación ou non poida ser obxecto de consulta segundo as súas normativas de acceso.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Malo
Descripción del estado de conservación:
A humidade e os fungos afectaron á consistencia do papel
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Expediente de conmutación de penas a: Leopoldo López Lois; Manuel López González; Luis López González; Eduardo González Pérez; Tomás Bermello González; Tomás Lamas Salgado. Membros da Frente Popular de Masiede. Causa 1199/37. Localización (Código de archivo): ES.GA.15078.AFLT/26.5.2.//Caixa 1496-48 Código/s de referencia/signaturas: Caixa 1496 48 Galiciana. Arquivo da Fundación Luís Tilve