El Monasterio de Santa María de Sobrado con Alonso dos Santos, vecino de la ciudad de Betanzos, y su yerno Manuel da Cal, vecino de San Paio de Aranga, sobre reivindicación de bienes dotales de Mayor dos Santos, su hija y mujer, respectivamente.
O tribunal que é recoñecido oficialmente como Audiencia Real cara ao 1514 exercerá, a través das súas salas ou en pleno, as competencias de carácter gobernativo e xudicial que as normas da Coroa lle outorgan e as sucesivas ordenanzas lle recoñecen.
Historia archivística
Ata o ano 1775, cando se crea o que constituíu o núcleo fundador do Arquivo do Reino de Galicia, o fondo documental da Real Audiencia custodiouse en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsabilidade inicial da custodia das series documentais produto das súas actividades, mentres que por diversos testemuños sabemos que xa en datas temperás existía un local, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domingo da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do edificio por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental —ou fraccións del— gardouse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bo Suceso e mesmo nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axeitadas, tal e como evidencian certos testemuños que se refiren a algún deles como "bódega húmeda y mal acondicionada”.
Alcance e conteúdo
Contén dúas sentenzas en pergamiño dos anos 1385 (traslado de 1457) e 1509 sobre o denominado "privilexio de maniñádego" (mañería) a favor do Monasterio de Sobrado:
Sentenza dada por García Gómez, alcalde e meiriño maior do Reino de Galicia, no preito entre o mosteiro de Santa María de Sobrado e os veciños de Aranga sobre a xurisdición dela. Data: 1385-03-01. Saavedra. Signatura: 29191 1 1. Colección de documentos en pergamiño.
Sentenza arbitral dada por Roi García de Canedo, xuíz do couto de Sobrado, e Lope de Mirás, morador na fregresía de San Mamede de Nodar, a petición do Mosteiro de Sobrado dos Monxes e de Pedrares de Bidueiro, veciño desa fregresía, sobre os bens que quedaran ao falecemento de Tereixa Ramos, a súa irmá, muller de Juan Ramos de Codesoso. Data: 1509-01-28. San Xiao de Cumbraos (Sobrado dos Monxes, A Coruña). Signatura: 29191 1 2. Colección de documentos en pergamiño.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Deteriorado
Descripción del estado de conservación:
Ataques de roedores en la parte superior del margen derecho que afecta a los folios 6 a 8. También en el margen inferior, folios 6 a 9.
1. Título: a organización tradicional do fondo da Real Audiencia de Galicia, onde o último degraño de clasificación estaba constituído polas chamadas "series", agrupacións de documentos en función da categoría xurídica dos demandantes ou formadas con criterios temáticos; a non sempre nidia separación entre os procedementos gobernativos e xudiciais e, dentro destes últimos, entre os propiamente civís e os de índole criminal, e a conseguinte dificultade que hoxe entraña a identificación con criterios actuais de diferentes series documentais de carácter tipolóxico, explican a necesidade de outorgar, no estado actual dos nosos coñecementos, unha denominación tan ampla a este conxunto documental.
2. Extensión e soporte da unidade de descrición (cantidades, volume ou tamaño: trátase dunha estimación.
Nota al área de identificación
Volumen: faltan los primeros cinco folios y los números 73 y 74.