O arcebispo Miguel Payá y Rico promoverá as obras de construción dun hospital psiquiátrico entre 1882 e 1885. O 1 de xuño de 1885 inaugúrase o Manicomio de Conxo, como obra pía do cabido da catedral de Santiago de Compostela.
O Real decreto de 19 de maio de 1885 dictando normas para a admisión de dementes en establecementos de beneficencia (Gaceta de Madrid núm. 141, do 21 de maio), recoñece a imposibilidade de que o Estado se faga cargo de todos os hospitais de dementes, e establece dúas categorías de hospitalización de “dementes”: 1. De observación. 2· De reclusión definitiva. Os primeiros non podían ser admitidos nos establecementos de beneficencia xeral pero si nos
provinciais, municipais e particulares.
As deputacións provinciais e os concellos procurarían habilitar locais para “recluír” os dementes en observación donde puedan permanecer hasta que se les conduzca a un manicomio en clase de reclusos permanentes. Nos establecementos particulares a admisión suxeitaríase ao que determinasen os regulamentos especiais que prevía o Real decreto.
A crecente demanda asistencial leva aos propietarios do hospital a pensar xa en 1889, na constitución dun padroado que dea entrada a accionistas cos que afrontar unha ampliación do centro: así Timoteo Sánchez Freire, director médico do establecemento, o banqueiro santiagués Olimpio Pérez Fernández, José García Mouriño, un emigrado retornado cliente de Olimpio Pérez e Juana Blanco Navarrete, viúva de Simeón García de la Riva, en representación do Banco Viúda de Simeón e Hijos pasarán a formar parte do Padroado e, polo tanto da Xunta de Goberno do hospital.
No ano 1891 asínanse acordos para que as catro deputacións galegas e a de León podan enviar a Conxo dementes pobres ao seu cargo. Con todo, correspondía ao Goberno exercer o protectorado sobre a beneficencia particular, como establece a Instrución aprobada polo Real decreto de 14 de marzo de 1899, a proposta do Ministro da Gobernación. Corresponde así ao ministro da Gobernación o exercicio deste protectorado, que o desempeñará por si, pola dirección xeral correspondente e polos gobernadores de provincia. Serán auxiliares do protectorado as xuntas e administradores provinciais e municipais, as xuntas de padróns e os delegados do ramo.
No ano 1969, o Hospital foi adquirido pola Deputación Provincial da Coruña. Finalmente, en 1993, tanto o Hospital Psiquiátrico de Conxo como o que fora Hospital Provincial foron transferidos ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) mediante o Decreto 373/1992, de 17 de decembro.
Historia archivística
O Arquivo de Galicia recibirá periodicamente as transferencias de documentos relacionados coa área funcional de sanidade, producidos polos diferentes órganos da Xunta de Galicia.
Alcance e conteúdo
Plano do alzado. Copia.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Normativa:
• Lei Orgánica de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. BOE 14/05/1982 • Lei 16/1985, do Patrimonio Histórico Español. BOE 29/06/1985 (art.57) • Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal (revisión 06/03/2011). • Lei 3/2001, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes. DOG 08/06/2001 • Lei 41/2002, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica. BOE 15/11/2002 • Instrucción 12/07/2006, pola que se dictan normas sobre o acceso e a consulta de documentos nos arquivos dependentes do Ministerio do Interior.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións, e polo Decreto 320/1992, de 12 de decembro, polo que se fixan os prezos percibidos pola Xunta de Galicia, para os arquivos e museos xestionados pola Xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no devandito Decreto (artigo 5).
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Unha parte moi importante da documentación se conserva no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela formando parte da sección de Beneficencia. O Arquivo da Deputación Provincial da Coruña debe conservar documentación correspondente á xestión do hospital desde o ano 1969 no que o adquiriu. Finalmente, como fontes complementarias son de interese do fondo Simeón García y Cia. (1865-1980) custodiado no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, ou o da Banca Pereiro Rey (1818-19199), conservado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, segundo pon de manifesto o estudo de Simón Lorda aquí citado. Tamén os arquivos das deputacións provinciais galegas na medida en que organismos encargados de asumir o custo da atención aos enfermos sen recursos dos seu ámbito xurisdicional.