Tivo as súas orixes en marzo de 1942, por un decreto-lei que creaba a «medalla da Vella Garda» á que podían acollerse aqueles que foran militantes dalgún dos dous partidos fusionados mediante o Decreto de Unificación: Falanxe Española das JONS e a Comuñón Tradicionalista. Á fronte desta «Vella Garda» quedou un inspector nacional, que respondía #ante o secretario xeral de FET e das JONS.
Dependente organicamente do partido único, a organización mantivo unha certa autonomía en seo do «Movemento». Durante a ditadura franquista, do mesmo xeito que ocorreu coa «Garda de Franco» ou a Confederación Nacional de Excombatientes, a Vella Garda mantivo unha posición inmobilista. Deixou de funcionar como tal a finais da década de 1950, vítima da súa escasa operatividade; segundo José Luis Rodríguez Jiménez, tras a súa desaparición unha parte dos seus membros integraríase en organizacións falanxistas opostas á liña oficial.